Outeiro da Marta



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Un outeiro é unha "pequena elevación de terreo illada e de pouca extensión". Outeiro procede de ALTARIU, derivado do latín ALTU "alto" + o sufixo -eiro, e refírese a pequenas elevacións de terreo. Tamén hai autores que consideran que é unha formación romance a partir da raíz outo + o sufixo -eiro. En Castiñeira temos o Outeiro da Marta e o Outeiro da Ola, ambos na zona da Carosa, no monte. Unha marta é un pequeno animal carnívoro de cabelo castaño e mancha amarela ou branca no peito. Semellante a ela tamén é a garduña. No outeiro da marta hai unha pedra singular na que os nenos e nenas do lugar sentaban cando ían coas ovellas para o monte, e debaixo da que se abrigaban cando chovía.