Leira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Leira é un substantivo documentado en textos medievais como LAREA e que designa "un lugar estreito de regadi?o". Segundo Cabeza Quiles, seguramente parta dunha raíz indoeuropea *plar "chaira, solo, pavimento, campo". Esta raíz, tras a perda do p- inicial, fenómeno normal nas linguas celtas, daría lugar ao topónimo, cunha sufixación -ia. Aínda que temos moitas leiras na parroquia, sinalamos aquí dúas que atopamos no Amillaramento e que están sen localizar hoxe en día: Leria de Xan Garrido (A: Monte) e a Leira Miguéns (A).