As Laxes da Carosa



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Laxiña é o diminutivo de laxe, palabra de orixe prerromana, probablemente ce?ltica (LAB, "esvarar"), que se incorporou ao lati?n como LAGENA. A Laxiña son as veigas que quedan entre O Chouso e O Barcelo. Zona de grandes laxes, coma As Laxes do Pinto. Unha laxe é unha pedra alisada e de grandes dimensións, que aflora nun terreno sen sobresaír del. É un topoónimo de uso frecuente na toponimia de Galiza. E aínda atopamos na parroquia quen lles chama, ao que xa moitos chamarían "prazas", co seu nome xeolóxico: As Laxes da Carosa, As Laxes da Raíns, As Laxes de Requeixo ou As Laxes de San Martiño, dando fé da pedra que oculta o piche. Xa no monte, en Castiñeira, temos as Laxes das Abellas, a Laxe Negra ou a Laxe do Escorregadouro.