Os Laranxos



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Os laranxos ou laranxeiros son árbores da familia das rutáceas de pouca altura, follas ovadas e perennes e flores brancas recendentes, que ten como froito a laranxa. Este topónimo xa aparecía no Catastro de Ensenada coas formas Naranxos, Naranjos, Laranxos e Laranjos. No Amillaramento aparece como Naranxos, mais a veciñanza di Laranxos. E así se chaman un conxunto de veigas na zona media do Rial, a seguir da Lagoa, coa que se regan.