O Lagoeiro



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Palabra derivada de lago e lagoa (do latín LACUM, LACUNA), fai referencia a terreo enchoupado, masa de auga, de menor profundidade có dun lago, rodeada de terra e non comunicada directamente co mar. Outra zona tamén dunha beleza absoluta é O Lagoeiro, entre as Tortiñas e Vilar. Alí atópanse dous pozos: Os Pozos do Lagoeiro.