Gurgullón



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Do lati?n GURGULIONE "esófago", un gurgullo ou gorgullo é un lugar onde nace a auga e é expulsada á superficie, de abaixo para arriba, facendo gurgullos. Un gurgullo tamén é un insecto que vive nos cereais e nos legumes. O Gurgullón, Gorgullón ou Gurguillón (todos tres con gheada), porque así nolos din os nosos informantes/as, atópase na zona do Rial, a carón da Lagoa.