Fonte de Zabarís



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Do latín FONTEM, unha fonte designa un nacemento de auga natural, sen intervención humana, ou a construción de pedra, con cano e pía, que fornece auga conducida dunha mina ou dun manancial. En Castiñeira temos as seguintes fontes: Fonte do Pisco (por enriba da Laxe do Escorregadouro), Fonte da Vela (A), Fonte da Meca (A: Prado e Monte), Fonte da Merda (na zona do Meixoeiro), Fonte da Preguiza (na zona da Laxiña), Fonte de Zabarís e Fonte da Rachadura. Estas dúas últimas, a de Zabarís e a da Rachadura, tamén teñen poza (no caso da de Zabarís, ten dous pozos: un máis pequeno e outro máis grande) e lavadouro. Empregamos esta forma dialectal, co sufixo -ouro, propio do galego da diócese tudense, por ser a forma viva na parroquia aínda hoxe en día. Na Rachadura o lavadouro está incorporado á poza.