Fonte da Preguiza
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Do latín FONTEM, unha fonte designa un nacemento de auga natural, sen intervención humana, ou a construción de pedra, con cano e pía, que fornece auga conducida dunha mina ou dun manancial. Esta fonte, situada na zona da Laxiña, chamábase así porque case non botaba auga. Ou sexa, que era preguiceira. Mais no inverno aumentaba o seu caudal. Esta falta de continuidade fixo que non se lle chegase a facer ningunha presa. E no último asfaltado da estrada que comunica o Chouso co Campo, ficou sepultada. Porén, no inverno, ela segue ofrecendo os seus servizos e marcando a súa presenza, baixo o piche, que humedece.