O Coto do Freixo
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Topónimo derivado e diminutivo de coto, da raíz prerromana COTT- "prominencia, altura" ou mesmo elevación rochosa de pequenas dimensións. O Coto do Freixo é na estrema entre Amoedo e Reboreda. Un freixo é unha árbore de folla caduca da familia das oleáceas que alcanza de vinte a trinta metros de alto, toro groso con moitas pólas, follas opostas e dentadas e madeira de cor abrancazada moi doada de traballar, da que existen varias especies. Considérase que a súa casca ten propiedades medicinais.