Corcovo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Do latín CURCUVUS, posible variante de CURVUS (curvo). Este topónimo debe facer referencia á forma do terreo. No dicionario Estraviz atopamos a definición de corcovo como: (1) Salto ou brinco que dão alguns animais, como o cavalo, arqueando o dorso para cuspir o cavaleiro. (2) Torcimento, curvatura, arqueamento. E (3) Montículo ou elevação de terreno. Outeiro. No Dicionario da RAG engádese, para corcovo, corcova ou corcovado: "Curvatura convexa esaxerada das costas ou do peito producida por unha desviación da columna vertebral ou do esterno". Sinónimo de chepa.