O Codesal
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Segundo Lorena Carrasco e Gonzalo Navaza, o substantivo cu, do latín CULUM, designa camiños cegos, aos que só se pode acceder por onde mesmo se entrou. Apuntan tamén que ten paralelo co francés "cul-de-sac" (camiño cego). Nalgúns topónimos onde aparece "o sal", este fai referencia ao parecido desta pedra co seixo, abundante aínda hoxe nos nosos camiños de terra. Esta acepción podería acaer ao noso topónimo, xa que son unha veigas sen saída (entre Roufes e A Viñiña). Porén, nós consideramos que o topónimo que aquí se agocha é realmente O Codesal, lugar onde abundan os codesos, arbusto da familia das papilonáceas, con ramas estriadas, follas trifoliadas, flores amarelas e froito en legume. E afirmámolo porque, sobre o terreo os codesos afírmanse e confirman a toponimia.