A Cirqueira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Este topónimo, que atopamos no Amillaramento escrito con "i" e con "e", consideramos que emparenta co de Cerquido. Xa que logo, tamén consideramos que deriva do latín QUERCUS, e que fai referencia a un lugar onde abunde un tipo de carballo, o Quercus Pyrenaica, ou carballo cerquiño, mais pequeno e rústico. Mais tamén podería derivar dun lugar cercado. No Amillaramento sorprende a cantidade de variantes deste topónimo: Cerqueira de Fóra, Cerqueira dos Postes, Cerqueira do Cruceiro, Cerqueira do Pozo, Cerqueira de Arriba do Pozo, Cerqueira Sousón? Neste último, podemos comentar que Sousón, segundo o Dicionario de dicionarios, é unha uva tinta que se cultiva nas beiras do Miño.