O Cerrucho



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Os topónimos derivados, Cerradas, Cerradiño e Cerrucho, indicarían terreos cerrados no monte. No tocante ao Cerrucho, é a zona que queda antes da Pedra que Fala. Algunhas informantes pensan que podería chamarse Cerrucho porque alí había unha nacente de auga escasa, un cirricho, do que Cerrucho sería unha variante. Mais o máis probable é que O Cerrucho derive de Cerro + o sufixo -ucho, que indica algo máis pequeno ou de peor calidade.