Cerquido



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Topónimo derivado do latín QUERCUS, e que fai referencia a un lugar onde abunde un tipo de carballo, o Quercus Pyrenaica, ou carballo cerquiño, mais pequeno e rústico. Tamén podería derivar dun lugar cercado, isto é, acoutado cun pequeno valado de esta-cas. Está na zona que queda entre as Cabadas de Abaixo e o monte do Cerro Vello de Moreira, xa no linde con Moreira (Soutomaior).