A Cavada da Raposa



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Participio do verbo latino CAVARE, "abrir a terra". Desde a Idade Media, e a medida que ían medrando as aldeas, fíxose necesario abrir novas terras de cultivo, dando lugar a este topónimo. Ademais del, tamén temos As Cavadas de Arriba, As Cavadas de Abaixo e A Cavada da Raposa. No Amillaramento tamén atopamos Cavada do Coto (A: Toxal), Cavadiña do Sobreiro (A: Monte), Cavada Sousón (A: Monte), Cavada dos Pousos (A: Monte), Cavada do Pousal (A: Monte), Cavada de Paus (A: Monte), mais non puidemos localizar, a día de hoxe, ningún deles. E, por último, temos O Cavañón, un curioso topónimo xa que non aparece ningunha referencia a outro igual no Nomenclátor. No Amillaramento este topónimo presenta un B antietimolóxico en case todas as voces.