A Castiñeira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Cabeza Quiles di que, se este fitotopónimo procedese do latín, viría dun étimo *castanearias, formado sobre castanea, co sufixo abundancial -aria(s). Pero tamén podería tratarse dunha formación romance castañeira, derivada de castaña, que converteu o seu a pretónico en i por unha palatalización debido ao contacto coa nasal palatal ñ. Opina este autor tamén que o topónimo Castiñeira admite dous matices. En primeiro lugar, a súa forma feminina en -eira (< lat. -aria) pode ter valor colectivo, co que Castiñeira se referiría a unha pequena agrupación de castiñeiros; e outra posibilidade é que o topónimo exprese o xénero dimensional, cuxo feminino nomea realidades máis grandes que o masculino. De ser así, A Castiñeira podería referirse a un castiñeiro vello de grandes dimensións.