A Cascalleira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Do lati?n QUASSICARE, "escachar", romper en pequenos fragmentos. Unha cascalleira sería un lugar onde hai moitos cascallos que, segundo a RAG, son "fragmentos miúdos de pedra" ou da codia das árbores. Unha cascalleira é un terreo cultivable pero cheo de pedregullo. Queda entre A Carballeira e Peizás. E nela atópase o Pozo do Inferno. Os pozos así denominados adoitan ser, como é o caso do noso, uns pozos moi fondos. De aí que levasen este nome, a modo de advertencia, sobre todo para os máis pequenos/as.