A Carosa
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Este topónimo resulta escuro. Puido formarse a partir dunha raíz prerromana CAR- á que se lle atribúen os significados de lugar encostado e de pedra dura. Calquera deles lle acae á Carosa, na zona máis alta de Castiñeira, onde rematan as casas e xa comeza o monte que vai cara a Amoedo. Lugar cun subsolo de laxe: as Laxes da Carosa. Na documentación municipal, este topónimo aparece escrito con x, Caroxa, mais debe tratarse dun erro de escrita, ao entenderen o s como palatal x.