A Carballeira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
Fitotopónimo a partir da árbore carballo + o sufixo abundancial -eira. Carballo é palabra de orixe prerromana, posiblemente derivada de carba "matogueira", a? que se engadiri?a o sufixo *-ALIU. En documentos medievais xa escribi?an carbalio/carvalio. Unha carballeira é un lugar onde hai moitos carballos. Atopamos este topónimo en Castiñeira (entre A Carosa e A Cascalleira) e en Vilar do Mato (na zona da Miñoteira). O carballo é unha especie arbo?rea moi comu?n en Galicia. Até que se introduciron outras especies, o carballo era a árbore principal dos montes galegos, e a súa madeira a máis prezada para a construción. Na toponimia de Castiñeira tamén atopamos Os Carballos do Casal, sendo un casal o terreo que rodea a casa. Estes están situados entre A Chan de Requeixo e as veigas da Pedra. Nos Carballos do Casal nace a auga que enche a poza da Raíns. Tamén temos Os Carballos da Cereixana, microtopónimo creado sobre un nome de familia, que aínda hoxe se poden gozar, en Castiñeira, xusto antes da de Santos. E, por último, temos O Carballo de Pedro, zona do alto do monte de Castiñeira, indo cara a Amoedo.