A Canteira



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Unha canteira é un lugar de onde se extrae pedra. Chamándose Pedroso, o monte de Castiñeira acolleu con certeza, ao longo da súa historia, diversas canteiras, nas que se extraía a pedra coa que se construían as casas da parroquia. Porén, A Canteira da parroquia coñecese máis comunmente como A Canteira da Louza e atópase entre os toxais de Regaloureiro, Espiñeiro e o monte.