A Candela



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Do latín CANDELA "lume", a candea é un dos nomes da leña miúda. Candea tamén é un dos nomes que recibe a flor do castiñeiro, do millo, etc. que se usaban para encender e atear o lume. Este topónimo, hoxe castelanizado, pode corresponder co de "A Candea" que di Gonzalo Navaza (na súa obra Reboreda, os camiños da identidade, Xunta de Galicia, 2000) que se rexistra no Catastro de Ensenada: téñase en conta que, naquela altura, Ventosela aínda formaba parte de Reboreda.