Calleu



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Este topónimo pode ser unha variante de callao, pedra grande (segundo o Dicionario de dicionarios). Sobre esta voz di Sarmiento: "Del latín calculus formó el gallego callao, y el francés caillou; y todo significa ?el sílex o pedernal". Cabeza Quiles fala para o topónimo Callobre (na Toponimia da Estrada), dunha voz celta *calio / caliauo "pedra", presente en palabras galegas como callau. Porén, o feito de que no Amillaramento o atopemos varias veces precedido dun DE, forma que tamén se atopa viva entre os/as nosos informantes, fainos pensar nun nome que deriva do do propietario/a, fose este apelido ou alcume. Calleu é o monte (e toxais) que están entre As da Roxa e O Cutiño. Alí nace un manan-cial, e hai unha poza, a Poza de Calleu, que alimenta a da Porteliña