A Cachada



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Do latín CASCULARE "romper", di Martín Sarmiento, no Dicionario de dicionarios, que unha cachada é a herdade dun terreno que foi acondicionado (cachado: rozado, queimado e cavado) para o cultivo. No Estraviz aparece tamén como sinónimo de monte particular. Tomada. Porén, cómpre sinalar que, na nosa zona, cachar non é sinónimo que cavar. E que mentras que cavar é cortar o terrón, viralo para o rego e cavar fondo a terra para botarlla por enriba; cachar, pola contra, é só raspar por enriba a terra. Cachar tamén é ir cortando a herba polo medio do millo, por exemplo. Ou sexa, é un cavado en superficie. A Cachada era o nome que recibían uns terreos no alto da Revolta, á dereita. Hoxe en día están ocupados por vivendas.