Bouza da Mosca



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Este é un topónimo transparente e que, como indicamos para o topónimo anterior, xunta un lugar con matos ou de monte cercado á presenza de moscas. A Bouza da Mosca son os toxais que quedan entre a de Calleu, As da Roxa e o monte onde, imaxinamos, habería abundancia de moscas. Tamén se atopa este topónimo na parroquia de Amoedo (Pazos de Borbén), na zona que estrema co monte de Castiñeira.