Belurica
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela
O belurico, ou bilurico, segundo o dicionario Estraviz, é unha "Ave pernalta, do género Numenius, do tamanho aproximado de um galo, com o bico encurvado na ponta, e que vive nalgumas lagoas da Galiza e nas beiras do mar (Tringa hypoleucos)". Aínda que este topónimo aparece escrito en feminino e con V no Amillaramento, pensamos que pode emparentar con esa definición, a falta de outra. No Dicionario de dicionarios din que tamén se lles chama así ás crías da gaivota. Di Gonzalo Navaza que Belurica, como topónimo, debe ser un adxectivo feminino de propietario, formado a partir dun alcume co nome da ave: A Belurica = A de Belurico.