Balaído



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Castiñeira
DA PARROQUIA DE
Ventosela

Como describe María Pol na Toponimia de Saxamonde, este topónimo vén do latín ABELLANA + o sufixo -ETU (esta forma perdería o A inicial e sufriría unha posterior harmonización vocálica), polo que designaría un lugar onde abundan as abeleiras (árbore que dá as abelás). Balaído está no Rial (onde tamén temos o topónimo Abeleiras), entre Sobreiro e Os Castiñeiros.