Muíño



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

O substantivo muíño provén do latín MOLINUM. Os muíños son uns aparellos que se empregan (ou empregaban) para moer ou triturar certos produtos coma o millo. Son parte elemental da arquitectura tradicional galega e, polo mesmo motivo, tiveron gran relevancia na vida social da xente porque era un lugar de encontros. Grazas á pegada toponímica, en moitas ocasións onde xa non permanecen os restos da construción, sabemos da existencia dos mesmos. O único que podemos saber polo Arquivo Histórico Nacional sobre os muíños e a existencia indeterminada xa dende o século XII duns muíños: "Sentencias relativas al pleito seguido por el monasterio de Santa María de Melón y el monasterio de Santa María de Armenteira sobre la posesión de unos molinos en Redondela". Na parroquia de Vilar de Infesta destacan Muíño do Carolino, Muíño de Canalejas, Muíño do Caranguexo e Muíño de Manolito.