Os Tresamiros



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta

A orixe deste topónimo é medieval, de orixe xermánica. Trátase do antropónimo Trasmirus, que noutras localidades galegas deu no topónimo Trasmil. Na documentación medieval do mosteiro de Sobrado (ano 931) xa aparece recollido o nome de Trasemiro. A forma en plural debeu ser posterior como resultado da partición da terra.