Os Liñares
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Costeira
DA PARROQUIA DE
Quintela
Un liñar é un terreo destinado ao cultivo do liño, un produto agrícola que foi máis abundante na antigüidade, xa que era importante para a fabricación de roupa e outros elementos de tea.
A palabra liño procede do latín linu. A terminación -ar provén do sufixo latino -ale, con significado colectivo, para indicar un conxunto de árbores ou arbustos, o lugar onde abundan ou o lugar de cultivo (toxal, piñeiral etc.). O termo esperado sería *liñal, pero, normalmente, cando a palabra xa contén outro L, prodúcese un fenómeno fonético chamado disimilación, polo que dous sons que son iguais poden chegar a diferenciarse entre eles. O R e o L son dous fonemas próximos entre si, de aí as frecuentes vacilacións ou cambios entre eles (placidez / pracenteiro, flotilla / frota). Un caso semellante é o da palabra palma, que non deriva en *palmal como lugar onde abundan as palmas, senón en palmar.
En Redondela están rexistrados, por exemplo, os topónimos O Liñar de Estriga (Quintela) ou O Liñariño e os Liñares (Saxamonde).
En Galicia, a importancia deste cultivo vese reflectida nos máis de mil topónimos rexistrados a partir da palabra liño.
Na documentación histórica relativa ao Viso podemos atopar este topónimo no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1761, e, anteriormente, no Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644: "Y oyó decir que Juan Lorenzo había hecho un alargo en la heredad que se llama dos Liñares, que es deste foro".