A Insua
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
No litoral as insuas fan referencia a illas pequenas, pero terra dentro poden nomear as illas que existen nos ríos ou a prados que haxa nas súas beiras. Neste caso que nos ocupa, nomea uns prados que hai á beira do río Pexegueiro.
A palabra insua provén do latín insula 'illa', que é orixe tanto de illa como de insua. O topónimo Insua aparece máis de oitocentas veces rexistrado por todo o territorio galego. Curiosamente, os concellos onde máis se repite este topónimo son do interior de Galicia.
Pode aparecer con sufixacións diminutivas, para especificar o seu pequeno tamaño, como Insuela ou Insuíña. En galego actual temos outras palabras derivadas do latín insula: insular, illote, illar, illado, illamento, illante.
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas de la feligresía de San Pedro de Cesantes, de 1763, xa aparece rexistrado este topónimo.