A Gurita
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Na fala popular, unha gurita é un habitáculo ou espazo de reducidas dimensións. De alguén que vive nunha casiña pequena dise que vive nunha gurita.
Os dicionarios galegos históricos falan de gurita como sinónimo de gorita, e este, á súa vez, como variante de garita, definida como construción onde se resgarda unha persoa. En Portugal as palabras gurita e guarita tamén teñen este significado.
A orixe da palabra garita é incerta. Adoita remontarse a unha raíz prerromana *wer- co significado de 'cerrar, cubrir, protexer', que se desenvolvería en varias raíces xermánicas: *weren para garantir, garantía; *warjan para guarecer/gorecer, gorida, garita, garaxe; e *warnjan para guarnecer/gornecer, guarnición/gornición.
A maiores, a través do latín engadíuselle posteriormente o sufixo -ittu, que lle engade un significado diminutivo, de pequeno tamaño.
En Galicia existen case douscentos topónimos rexistrados baixo as formas Gurita, Gorita e Garita.