Vilela
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Esta palabra é un diminutivo do latín villa (pronunciado con dobre L), ao que se lle engadiu o sufixo diminutivo latino -ella (pronunciado tamén con dobre L). Durante os primeiros séculos da implantación do latín no territorio galaico, o sufixo diminutivo predominante era -elo, -ela, aínda hoxe con notable presenza na nosa toponimia, como pode observarse neste caso, mais a partir do século XI o sufixo diminutivo predominante pasou a ser -iño, -iña, hoxe en día xa case única na derivación de calquera palabra ao seu correspondente diminutivo.
Unha villa era a denominación que recibía tanto unha explotación agro-gandeira da época medieval que houbese neste lugar do Coto, como unha pequena poboación rural.
No Memorial de bens de San Pedro de Cesantes pertencentes a Baiona e Santa Clara (1570-1587), xa aparece rexistrado en Cesantes este topónimo.
En Galicia aparecen recollidos arredor de cento cincuenta lugares con esta denominación.