A Telleira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
O monte da Telleira recibe o nome do lugar de produción de tella que existía neste sitio e do que aínda se conservan fornos e eirados para a súa fabricación. a palabra tella provén do latín tegula, ao que se lle engadiu o sufixo latino -aria, o que deu tegularia. A terminación en -eiro, -eira, procedente do latín -ariu, -aria, é un sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados; neste caso, para denominar lugares salientados por algunha actividade arredor do elemento ao que se refiran: canteira, barreiro, pedreira, pesqueira etc.
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece rexistrado en Cesantes o topónimo O Telleiro, que non sabemos precisar se se refire concretamente a este lugar, mais que nos dá conta da antigüidade desta actividade e a súa pegada na toponimia.