O Carrascal
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
A Igrexa
DA PARROQUIA DE
Vilar de Infesta
O substantivo carrasco / carrasca, tal e como refire a Real Academia Galega, é un arbusto da familia das ericáceas, que pode alcanzar un metro de altura, de follas perennes e lanceoladas e flores en acio de cor púrpura, rosácea ou branca, do que existen varias especies. É posible que a orixe da palabra carrasco se remonte a unha raíz preindoeuropea KARR-, conformando unha das palabras máis antigas en lingua galega. Na parroquia de Vilar de Infesta podemos apreciar O Carrascal. O topónimo fórmase a partir de carrasco e o sufixo abundancial (-al). En consecuencia, un terreo onde abundan os carrascos. Este topónimo recóllese no Catastro de Ensenada de 1756 como "Do Carrascal", sinalado coma un monte.