A Pampillona



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Angorén
DA PARROQUIA DE
Chapela

Un pampillo é unha planta de flores amarelas parecidas ás da margarida, con follas alternas dentadas e talos ramalludos. Na parroquia de Chapela temos A Pampillona do Souto e A Pampillona, que semella ser un adxectivo feminino de propietario: "A Pampillona" = "A de Pampillón". Pampillón e un apelido toponímico, relativo a un topónimo en Gondomar con ese nome; posiblemente derivado do fitónimo. O topónimo xa aparece rexistrado no Catastro da Ensenada de 1760.