O Campo da Fraga
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Angorén
DA PARROQUIA DE
Chapela
A voz campo (do latín CAMPUS "chaira"), significa "superficie extensa de terra máis ou menos plana, onde non hai vivendas e que en xeral se pode dedicar ao cultivo" (dicionario da Real Academia Galega). Este ultimo significado que relaciona a voz campo cun lugar dedicado ao cultivo é, segundo indica Corominas, unha innovación romance. O Campo da Fraga está composto por dous substantivos: campo e fraga. Sobre esta última voz, Navaza indica que é un substantivo emparentado co verbo latino FRANGO "romper" con abundante presenza na toponimia galega e noutras áreas do norte peninsular. Orixinariamente, facía referencia a formacións pétreas como penas e penedos ou a lugares pedregosos e de orografía difícil; un segundo significado fai de fraga un sinónimo de bosque, especialmente o bosque mesto e dificilmente transitable. Calquera destes dous significados puido dar orixe ao nome do lugar.