A Granxa
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Angorén
DA PARROQUIA DE
Chapela
Na Idade Media, unha granxa ou graña era unha explotación agrícola dependente dun mosteiro, dedicada sobre todo ao cultivo de cereais. Tanto granxa como graña están moi presentes na toponimia galega; o Nomenclátor recolle máis de sesenta localidades chamadas (A) Graña e cerca de setenta (A) Granxa. Na parroquia de Chapela temos os nomes A Granxa da Devesa, A Granxa do Valiño, A Granxa e A Granxiña dos Machos. O substantivo granxa continúa a ter uso na fala común, polo que unha parte dos topónimos que conteñen esta forma son relativamente recentes, en tanto que os que teñen a forma graña son máis antigos. Tradicionalmente, pensábase que graña era a forma patrimonial galega, resultante do latín GRANIA - GRANEA, derivado de GRANU "gran, cereal", e que a forma granxa era a adaptación dunha forma francesa grange, unha palabra da mesma orixe e significado, mais que chegou ao galego por vía monacal durante a Idade Media. A documentación antiga demostra que tanto granxa como graña son dous resultados galegos da mesma palabra, e ambos patrimoniais, que conviviron durante un tempo ata que granxa se impuxo e graña perdeu uso como palabra común, para sobrevivir só na toponimia.