Rañagatos
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
Angorén
DA PARROQUIA DE
Chapela
Malia a abundancia en topónimos galegos que conteñen a palabra raña e os seus derivados (Rañoa, Rañó, Rañoá, Rañadoiro, Rañestras...), non se coñece ben o significado orixinario destas formas, que son probablemente voces de orixe prerromana e sobreviven unicamente na toponimia. Téñense asociado ao verbo rañar "raer", o que levou a pensar que denominaron terreos sen vexetación ou de vexetación baixa. Nalgunhas ocasións, os topónimos que conteñen esta forma designan áreas na ribeira dun curso fluvial raídas pola erosión das augas ou alteradas artificialmente para crear un relanzo no río. Neste microtopónimo chapeleiro obsérvanse dúas palabras raña e gatos. O segundo elemento, gatos, fai referencia á fauna.