As Viragaias



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Quinteiro
DA PARROQUIA DE
Quintela

Trátase dun topónimo composto situado no barrio de Porto Cabeiro. Por unha parte temos vira- que seguramente se trate dunha alteración fonética común de mira-, do verbo mirar. A outra parte, gaia, significa "alegre". Polo tanto, este topónimo vén dicirnos que estamos ante unha Vista Alegre, un lugar con boas vistas.