Xote
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Este topónimo provén dun nome de persoa. En ocasións as denominacións de territorios (lugares, barrios, parroquias etc.) teñen a súa orixe no nome da persoa propietaria, como ocorre con Zacande (con orixe no nome xermánico SISACANDUS), en Cesantes, ou co barrio de Souto Xuste (do nome latino IUSTUS "Xusto"), na parroquia do Viso. O nome Xote aparece rexistrado no século XI nunha relación de monxes do mosteiro de San Pedro de Rochas, en Ourense, baixo a forma Iote, ao carón doutro nome como Iusto. Do século XIII é unha inscrición en latín nunha obra do pintor italiano Giotto que trae o seu nome en latín, IOTTUS, forma latina que estaría na base do noso topónimo Xote. Na documentación relativa a Cesantes, aparece rexistrado no século XVI e posteriores baixo a forma castelanizada Jote. Nesta mesma documentación tamén aparece o río Pexegueiro baixo a denominación de río de Xote, neste treito, e a fonte de Xote, referida á que hoxe se coñece como fonte de Ribas.