A Xesteira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Unha xesteira é un lugar poboado de xestas. A palabra xesta provén do latín GENESTA. A forma xesteira provén dun derivado da anterior a partir do sufixo -ARIA, GENESTARIA. Na súa evolución, esta palabra perde o -N- intervocálico, como lle ocorre a moitas outras palabras antigas do noso idioma: lúa (lat. LUNA), mosteiro (lat. MONASTERIU), soar (lat. SONARE) etc. A terminación en -eiro, -eira procede do latín -ARIU, -ARIA. Trátase dun sufixo moi empregado na derivación de palabras e que lles proporciona distintos significados. Por exemplo, para denominar árbores e plantas: laranxeira, limoeiro, meloeiro, figueira etc. A maiores doutras posibles derivacións, no caso da palabra que nos concirne, Xesteira, o sufixo -eira engade sentido de abundancia ou colectivo, como en carballeira, trigueira, herbeiro etc. O topónimo Xesteira presenta en Galicia variantes como Xesteiriña ou o masculino Xesteiro e Xesteirón. A palabra xesta aparece por toda Galicia con todas as súas variantes en milleiros de topónimos: Xestido, Xestedo, Xestoso, Xestais, Xestás, Xestoselo etc. No Libro de apeos da casa de Soutomaior, de 1644, aparece rexistrado este topónimo baixo a forma de Guiesteira.