A Veiga do Eido
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Unha veiga é un terreo de cultivo, fértil e con auga. O sinónimo máis inmediato que manexamos é leira para designar estes campos de cultivo.
A orixe da palabra veiga é prerromana. Para algúns autores viría do ibero vaika 'veiga', derivada do substantivo vai 'río' co sufixo -ka 'zona do río'. Para outros estudosos pode provir da composición (terra) ibaika 'terreo á beira dun río'. En éuscaro actual, río dise ibai, en castelán vega.
É habitual que o topónimo Veiga apareza acompañado dunha palabra que identifique con maior precisión tanto as súas características como a súa localización. Neste caso Veiga do Eido sitúaa dentro dun terreo, un eido, cunha dimensión maior.
O topónimo Eido, pola súa banda, refírese ao terreo que arrodea a casa e forma a propiedade do predio. Normalmente contén a casa, as construcións anexas, os patios e unha zona de horta para cultivos variados. De aí que o topónimo A Veiga do Eido faga referencia a un campo de cultivo que está dentro dun eido.
A palabra eido provén do latín aditu 'engadido', participio do verbo adire 'engadir', como referencia ao terreo que envolve a casa.
Igual que sucede con Veiga, o topónimo Eido tamén vai acompañado normalmente de palabras que particularizan a súa localización, os seus posuidores ou as súas características: Eido do Souto (Quintela), O Eido Novo (Quintela), O Eido da Caseira.
En Galicia rexístranse milleiros de topónimos con denominacións que conteñen as palabras veiga e eido por todo o noso territorio.
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece rexistrado en Cesantes este topónimo.