Veiga de Arriba / de Abaixo



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Unha veiga é un terreo de cultivo, fértil e con auga. O sinónimo máis inmediato que manexamos é leira para designar os campos de cultivo.
A orixe da palabra veiga é prerromana. Para algúns autores viría do ibero vaika 'veiga' derivada do substantivo vai 'río' co sufixo -ka 'zona do río'. Para outros estudosos pode provir da composición (terra) ibaika 'terreo á beira dun río'. En éuscaro actual, río dise ibai, en castelán vega.
É habitual que o topónimo Veiga apareza acompañado dunha palabra que identifique con maior precisión tanto as súas características como a súa localización. Neste caso Veiga Darriba sitúaa con respecto a outras propiedades.
En Galicia rexístranse milleiros de topónimos con esta denominación por todo o noso territorio.
En Redondela o topónimo Veiga conta con moita presenza: Cedeira, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde (onde tamén atopamos o diminutivo Ponte da Veiguiña).
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparecen rexistrados en Cesantes estes dous topónimos.