Torre de Calle
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Non ten unha clara interpretación este topónimo, xa que aparecen dous substantivos, Torre e Calle, que teñen unha relación ambigua entre elas, xa que non están unidas pola contracción "da", que tería o sentido de "Torre da Calle", aínda co emprego do castelanismo "calle". Tamén existe a posibilidade de que a palabra Calle se refira a un apelido. En 1581 aparece un testamento que fai referencia a un veciño de San Pedro de Cesantes chamado Lorenzo de Calle. Este apelido aparece en varios documentos dos séculos XVI e XVII en Redondela (fonte: Juan Migueles, Anecdotario Redondelán). No núcleo de casas que conforman o lugar de Torre de Calle existe unha casa brasonada na que se poden observar dous escudos. Un deles pertence ás familias dos Araújo, Ozores, Aldao e Valladares. O outro escudo leva os emblemas das familias dos Castro e dos Aldao. No documento titulado Foro que fai Teresa de Sotomayor a Gregorio de Paredes, de 1572, aparece rexistrado como De Calle. Coa súa forma completa, Torre de Calle aparece no Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763.