O Ribeiriño
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Ribeiriño é un derivado diminutivo da palabra ribeiro, un hidrotopónimo que procede do latín RIPARIU, que vén de RIPA "beira, ribeira". Ribeiro ou Ribeira nomea lugares que están próximos a un río ou á beira do mar, como este lugar de Cesantes. O termo latino RIPA foi ampliado na maior parte dos territorios co sufixo -ARIA, -ARIU, co que se obtivo o derivado RIPARIA, RIPARIU, do que procede ribeira, ribeiro "franxa de terra na marxe do mar ou dun río". A terminación -iño é un sufixo que procede do latín -INU. Durante os primeiros séculos da implantación do latín no territorio galaico, o sufixo diminutivo predominante era -elo, -ela, aínda hoxe con notable presenza na nosa toponimia, mais a partir do século XI o sufixo diminutivo predominante pasou a ser -iño, hoxe en día xa case única na derivación de calquera palabra ao seu correspondente diminutivo. En Galicia están rexistrados máis de catrocentos lugares co topónimo Ribeiro e derivados. No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, xa aparece rexistrado en Cesantes este topónimo.