As Veigas de Ribas
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
Este topónimo nomea un conxunto de campos que están próximos ao río Pexegueiro.
Unha veiga aparece definido no Dicionario da Real Academia como un terreo baixo, amplo e fértil, xeralmente ás beiras dun río. O sinónimo máis inmediato que manexamos é leira para designar os campos de cultivo.
A orixe da palabra veiga é prerromana. Para algúns autores viría do ibero vaika 'veiga' derivada do substantivo vai 'río' co sufixo -ka 'zona do río'. Para outros estudosos pode provir da composición (terra) ibaika 'terreo á beira dun río'. En éuscaro actual, río dise ibai, en castelán vega.
É habitual que o topónimo Veiga apareza acompañado dunha palabra que identifique con maior precisión tanto as súas características como a súa localización. Neste caso Veiga Darriba sitúaa con respecto a outras propiedades.
En Galicia rexístranse milleiros de topónimos con variantes da palabra veiga por todo o noso territorio.
En Redondela o topónimo Veiga conta con moita presenza: Cedeira, Negros, Quintela, Reboreda, Saxamonde (onde tamén atopamos o diminutivo Ponte da Veiguiña).
Con respecto a Ribas, nos mapas municipais tamén aparece alternando nesta zona coa forma Arribas (Fonte de Arribas, Ponte de Arribas (sobre o río Pexegueiro)). Este topónimo procedería do latín ripa 'ribeira', motivado pola súa proximidade ao río Pexegueiro.
En Galicia aparecen máis de cincocentos topónimos baixo calquera das dúas formas: Ribas ou Arribas.