Rial
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes
O topónimo Rial non ten unha interpretación doada neste caso. A maioría dos autores identifican a orixe desta palabra no latín rivale 'á beira dun río', derivada do latín rivu 'río'.
Algúns autores tamén fan derivar este topónimo do latín regale 'real', derivado do latín rege 'rei'. Neste caso podería indicar posesión do rei, en particular o paso dun "Camiño Real", vía de comunicación construída a cargo do Estado. O lugar de Rial cumpriría, en principio, coas dúas condicións: está próximo ao río Pexegueiro, que é a principal corrente fluvial desta pequena bacía hidrográfica á ría, os demais son regatos; por outra banda, Rial tamén se atopa á beira do antigo camiño real de Redondela a Pontevedra.
Existen outros dous lugares co nome de Rial en Negros e Saxamonde.
En Galicia están rexistrados máis de cincocentos lugares con este topónimo.
O nome de Rial xa aparece nun documento de 1619 referido ao lugar actual.
No Expediente de comprobación de bienes, rentas y cargas, de 1763, tamén aparece rexistrado en Cesantes este topónimo.