Regato do Picho
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
O picho é o cano ou billa por onde verte a auga unha fonte. Neste lugar temos tres elementos denominados deste xeito: a fonte do Picho, o lavadoiro do Picho e o regato do Picho, que leva as augas da fonte e o lavadoiro cara ao río Pexegueiro. A palabra picho posiblemente poida provir dunha voz onomatopeica *PICC- ou *BICC- "punta, pico", e fai referencia á forma bicuda e sobresaínte dos pichos. As palabras regato, regueiro e rego poden empregarse indistintamente como sinónimas para designar unha corrente de auga pequena. Sobre a súa orixe, algúns autores atribúenlle unha procedencia prerromana a partir da raíz *REK-. Para outros autores tería orixe no latín RIGA, que habería que poñer en relación co propio verbo latino RIGARE "regar".