A Rampla



MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
O Coto
DA PARROQUIA DE
Cesantes

Unha rampla é un plano inclinado de terreo que permite transitar entre dúas zonas en desnivel. Neste caso o lugar denominado A Rampla salva o desnivel entre a N-500 e a estrada vella anterior á actual. Provén do francés RAMPE, que deriva dun verbo do francés antigo RAMPER, e penetra na península ibérica a partir do século XVI.