Punta da Canteira
MICROTOPÓNIMO DO BARRIO
San Pedro
DA PARROQUIA DE
Cesantes
O topónimo Punta aplicase á terminación apuntada da costa sobre o mar. A orixe da palabra está no latín puncta 'estocada', que deriva á súa vez do verbo latino pungere 'punzar'.
O topónimo Canteira nomea lugares onde existe ou existiu actividade de extracción de pedra, que tanta importancia tivo na elaboración de todo tipo de construcións humanas como casas, muros, camiños, peiraos etc.
Canteira deriva da palabra "canto" co significado de pedra. A súa orixe é incerta. Con este significado, para algúns autores pode ter unha orixe prerromana. A terminación -eira, -eiro, de procedencia latina -aria, -ariu engádelle ás palabras diferentes significados. Neste caso concreto, fai referencia a lugares onde se localiza un elemento significado da topografía: pedreira, barreiro, ribeira etc.
Relacionado con canteira temos tamén o topónimo Pereiro, Pereira e Pedreiro, Pedreira. Estas formas son máis abundantes no noso concello ca a palabra canteira. En ocasións, o topónimo Pereiro, Pereira pode referirse á árbore que dá peras, dependendo do uso ao que foron destinados os terreos nomeados desta maneira.
En Redondela o topónimo Canteira témolo repartido por varias parroquias (Cedeira, Negros ou Vilar de Infesta).